A conta atrás 2 leva o premio de novela gráfica Divina Pastora

O galardón inclúe a publicación da obra de Carlos Portela e Sergi Sanjulián

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
A conta atrás 2 leva o premio de novela gráfica Divina Pastora

O Premio Divina Pastora de Novela Gráfica Social foi na súa segunda edición para a obra A conta atrás 2, do guionista galego Carlos Portela e mais do debuxante catalán Sergi Sanjulián. Os dous gañadores repartirán un premio de 5.000 euros que inclúe tamén a publicación e a difusión do volume da man da Fundación Divina Pastora. A obra sobre a catástrofe do prestige completa a historia publicada nun primeiro volume por Faktoría K en 2008. Os dous autores tentaran recentemente financiar a edición desta segunda parte mediante un crowdfunding para o que solicitaban 27.000 que finalmente non conseguiron reunir.

O xurado do galardón estaba composto polo debuxante Paco Roca o humorista gráfico Antonio Ortiz, o crítico e divulgador Álvaro Pons, o historietista e deseñador Sento Llobell e mais a gerente da Fundación Divina Pastora, Rosa Laparra

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Portela, Prestige, Álvaro Pons

Claves

Conceptos