Dolmen lanza nun único volume a serie Gorka. El viento de Odei

A obra conta cos galegos Carlos Portela e Fernando Iglesias canda a Sergi Sanjulián

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Dolmen lanza nun único volume a serie Gorka. El viento de Odei

Un volume de 180 páxinas en branco e negro con capa ríxida por 15 euros. Esta é a proposta coa que Dolmen Editorial recupera Gorka. El viento de Odei, a serie que publicara nos anos noventa Planeta na súa Colección Laberinto. A obra, con guións de Carlos Portela, story-board de Fernando Iglesias e debuxos do catalán Sergi Sanjulián, ve a luz este mes de xaneiro nunha reedición que inclúe abondoso material complementario. Gorka é unha serie de fantasía heróica protagonizada por un curioso home-rata que conseguiu estupendas críticas no momento da súa publicación.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fernando Iglesias, Carlos Portela

Claves