Carlos Portela prepara unha novela gráfica ambientada no desastre do Prestige mentres Fran Jaraba traballa nun novo volume

Do Prestige a Habana

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
"A conta atrás" é o título do novo proxecto que o guionista Carlos Portela está a desenvolver co debuxante catalán Sergi Sanjulián. Trátase dunha novela gráfica que ten como pano de fondo o desastre do Prestige. Segundo adianta o autor, a intención é que vexa a luz de cara o vindeiro verán da man de Faktoría K. Ao tempo, Fran Jaraba adiantunos que leva debuxadas unha trintena de páxinas do terceiro volume da súa serie "As aventuras de Maxi Torres", que comezara con "Cita na Habana". Jaraba acudiu ao Saló de Barcelona a dar a coñecer este produto a editores internacionais, e agarda que a edición en galego vexa a luz, da man de Xerais, para comezos do vindeiro ano.

Máis información na ficha de Portela; ficha de Jaraba

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prestige, Carlos Portela, A Habana, Culturagalega...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos