A celebérrima serie "O mundo de Esther", debuxada desde hai anos por Purita Campos e que foi homenaxeada con diferentes actos no pasado ano, inicia unha nova xeira coa publicación de "As novas aventuras de Esther". O galego Carlos Portela asinará os guións dunha Esther que vive as súas aventuras no mundo actual e que verá o primeiro álbum da serie publicado o vindeiro outono por Glénat. Outros galegos que continúan carreira fóra do paÃs son VÃctor Rivas e mais Norberto Fernández, que participan con cadanseu traballo no volume colectivo "Historias de Faerie", un especial de 88 páxinas da premiada serie "Os reis elfos" que publicará Dolmen para o vindeiro Saló de Barcelona.
Máis información no web de Edicións Glénat,La Cárcel de Papel, na ficha de Carlos Portela, na de Norberto Fernández e na de VÃctor Rivas