Jacobo Fernández publica en francés e en catalán

A obra Marcopola, la isla remera sairá nas dúas linguas da man de Bang ediciones

6/4/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
37 lecturas | Compartido 0 veces

Capa da edición francesa de Marcopola

O vigués Jacobo Fernández acaba de anunciar no seu blog o inminente lanzamento das edicións francesa e catalá da súa obra Marcopola, la isla remera. Marcopola, l'ile rameuse e Marcopola l'illa remadora son os títulos das novas traducións, editada ao igual que a versión en castelán por Bang ediciones. A obra está dirixida a un público a partir de seis anos de idade.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas