Jacobo Fernández presenta un novo álbum no Saló del Còmic

Marcopola, La isla remera está editada por Bang Ediciones

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Jacobo Fernández presenta un novo álbum no Saló del Còmic

O 26 de maio sae á rúa Marcopola, La isla remera, novo álbum de Jacobo Fernández editado por Bang Ediciones dentro da súa colección Mamut. A obra, subtitulada El origen de Marcopola quere, segundo o autor, iniciar unha serie protagonizada por este personaxe que irá percorrendo un mundo fantástico na liña habitual do autor. A BD está destinada a lectores a partir de seis anos, conta con 56 páxinas a toda cor e sairá á venda por trece euros. Fernández anuncia tamén a vindeira publicación de historias curtas nas revistas BD Banda e 2 Veces Breve.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jacobo Fernández, BD Banda

Claves

Protagonistas
Entidades