Astiberri publicará o Ether de Rubín en castelán

Emma Ríos publica a continuación de Mirror para Image

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Astiberri publicará o Ether de Rubín en castelán

Ether. La muerte de la última Llama Dorada é o título co que a editorial vasca Astiberri publica en castelán o último traballo do ourensán David Rubín para o mercado estadounidense. O volume, aparecido orixinalmente da man de Dark Horse, ten guión de Matt Kindt e narra en 136 páxinas a cor as aventuras dun investigador entre dous mundos nos que se mesturan a ciencia e a maxia. A obra publicarase o vindeiro 24 de marzo. Pola súa banda, o día 15 verá a luz en Estados Unidos a sexta entrega de Mirror, a serie que guioniza a arousá Emma Ríos con debuxo de Hwei Lim. A entrega abre un novo arco argumental na serie, que víu a súa primeira parte compilada nun volume o pasado outono. A editorial anunciou xa dous novos números que verán a luz en abril e maio, respectivamente.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Astiberri, Emma Ríos, David Rubín, Ciencia...

Claves

Protagonistas
Entidades