A Fundación Luis Seoane da Coruña acolleu este sábado a inauguración de Bella Muerte, unha exposición que recolle os últimos traballos de banda deseñada da autora arousá Emma RÃos. Para alén de páxinas orixinais do primeiro arco da serie poden verse tamén planchas do segundo, aÃnda inédito en España, asà como da obra I.D.. A autora acaba de ver publicado en Estados Unidos da man de Image Mirror: The Mountain, volume que compila os cinco primeiros números desta serie que asina con Hwei Lim, e anuncia unha continuación desta historia. A exposición fai parte do FKM Festival de Cinema Fantástico da Coruña e estará aberta ata o vindeiro 27 de novembro.
En paralelo, o guionista vigués David Braña acaba de presentar Evil War, un volume de 152 páxinas no que colabora con Juan Alarkón e Manoli MartÃnez e que ve a luz da man da man da editorial Drakul. O traballo narra unha guerra entre humanos e demos nun contorno de ciencia ficción e financiouse mediante crowdfunding.