Este último mes unha importante colleita de novos tÃtulos de banda deseñada galega. Canda a eles, autores do paÃs continúan a súa carreira internacional. Entre estes últimos, destaca David RubÃn, que verá o vindeiro mes de outubro o lanzamento en Estados Unidos da miniserie Sherlock Frankenstein & The Legion of Evil. A miniserie de catro números conta con guión de Jeff Lemire e xorde como unha derivación da prestixiosa Black Hammer onde tamén colaborou o debuxante ourensán. Pola súa banda, Astiberri presentou este verán a versión en castelán do último traballo de Emma RÃos. O primeiro arco da serie Mirror, El reflejo de la montaña está xa dispoñible nun único volume no que a autora galega ilustra un guión de Hwei Lim.
Máis perto de nós, o guionista Manuel Poy e o debuxante Miguel Fernández Rey repiten colaboración e suman ao equipo a Pepe Rey para unha ambiciosa proposta. Diábolo Ediciones acaba de anunciar o lanzamento do primeiro volume de La espada de San Eufrasio. A serie de nove álbums ambientados nos anos previos á revolta irmandiña narra a historia de vinganza dunha familia de campesiños contra os señores da zona.
Tamén Kiko da Silva presenta novidade no panorama estatal. Dibbuks publica Curso de cómic Fiz, un volume no que o galego recupera o seu personaxe máis popular para ensinarlles aos máis novos como realizar banda deseñada, con moito humor e a escatoloxÃa habitual. A un nivel máis teórico, presentouse ao público o catálogo da exposición BDG 70. A revolta do cómic galego. A Universidade da Coruña publica este volume de 290 páxinas que recolle a catalogación das obras expostas canda textos de autores e materiais fotográficos entre outros contidos.
A estes lanzamentos súmanse outras propostas autoeditadas que se presentaron ao público en encontros como o coruñés Autobán e o vigués No tengo mamá, que inicia o vindeiro 1 de setembro a súa nova xeira. Entre estas destaca a sexta entrega do fanzine Altar Mutante, que suma ao seu universo o xogo de rol Marte satánico.