Boom! Studios, a editorial que xa lanzara en Estados Unidos o vigués Alex Cal, conta con outra galega en nómina. Emma RÃos publicará con esta firma estadounidense Hexed, unha miniserie de catro números que conta con guión de Michael Alan Nelson e cor de Cris Peter. O lanzamento do primeiro volume está previsto para o mes de decembro.