Newsarama entrevista a Emma Ríos

O web presenta dez páxinas de Hexed

24/10/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Newsarama, un dos webs de referencia en Estados Unidos no que a información sobre cómic se refire, achega unha entrevista á galega Emma Ríos. A autora, canda ao guionista Alan Nelson, presenta Hexed a serie que vai publicar alén do Atlántico en Boom! Studios. Na entrevista, Ríos explica as súas influencias e sinala a súa sintonía co guionista e coa temática da serie. O web achega, ademais, unha mostra de dez páxinas do primeiro número da serie, que sairá á venda con dúas portadas diferentes, unha da man da nosa autora e outra de Joe Pekar.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Cómic, Atlántico, Estados Unidos

Claves

Protagonistas
Conceptos