El Patito editará nun volume o Hexed de Emma Ríos

Tamén anuncia a edición de Peter Petrake de Miguel Calatayud

19/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O recompilatorio da serie Hexed, que Emma Ríos debuxou para a editora estadounidense Boom! Studios terá edición no noso país. El Patito Editorial anuncia o lanzamento para o vindeiro festival Viñetas desde o Atlántico das versións en galego e castelán deste volume. A editora tamén adianta no seu web a vindeira publicación do álbum Peter Petrake, de Miguel Calatayud, para o vindeiro mes de outubro. Polo momento atrásase a edición de As dúas viaxes de Xaquín Marín.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Xaquín Marín, Xaquín Marín, Viñetas desde o Atlántico...