A edición galega de Stratos, de Miguelanxo Prado, xa ten data

El Patito Editorial presentará o día do libro As dúas viaxes de Xaquín Marín

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

O 28 de maio a FNAC da Coruña acollerá a presentación da edición galega de Stratos de Miguelanxo Prado. Este é o primeiro álbum do autor que se poderá ler na nosa lingua da man dunha editora privada, en concreto de El Patito Editorial. A firma adianta tamén que o 23 de abril, Día do Libro, a Compostelá libraría Couceiro acollerá a presentación de As dúas viaxes de Xaquín Marín. Para maio tamén retornará aos quioscos a revista Galimatías, con series como as xa anunciadas A mansión dos murmurios ou Causas Nobres. Ademais, El Patito adiante que está a traballar na vindeira publicación en galego e castelán de Dick Turpin, obra de Santiago Martín Salvador con guión de Víctor Mora. A maiores, en Compostela a partires de de abril a Fundación Torrente Ballester acollerá unha exposición sobre a obra Peter Petrake e a Biblioteca 33 de Caixa Galicia outra mostra sobre Aventura no Camiño de Santiago.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Xaquín Marín, Xaquín Marín, Día do Libro...