Emma Ríos opta por terceira vez a un premio Eisner

O seu traballo como portadista en Pretty Deadly sitúana nas candidaturas aos Óscar da Banda Deseñada

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa do volume 3 de Pretty Deadly

Capa do volume 3 de Pretty Deadly

A organización dos premios Eisner, considerados os Óscar da banda deseñada, acaban de presentar a listaxe de candidaturas á súa nova edición. Entre elas, atópase a autora galega Emma Ríos, que por terceira vez opta a un destes galardóns. Desta volta, a arousá compite na categoría de mellor capa polo seu traballo na última entrega da serie Pretty Deadly, a mesma coa que xa fora finalista a estes galardóns en dúas edicións anteriores. Ríos creou a serie con guión de Kelly Sue DeConnick en 2012 e desde aquela o título está a ser publicado na editorial estadounidense Image.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Banda deseñada, Guión

Claves

Protagonistas