Emma Ríos e José Domingo optan aos premios Eisner

Os galardóns están considerados os Oscar da banda deseñada americana

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Ilustración de capa de Pretty Deadly

Ilustración de capa de Pretty Deadly

Dous galegos optan este ano a recibir un dos Premios Eisner, considerados os Oscar da banda deseñada americana. A serie Pretty Deadly que Emma Ríos debuxa en Image acumula catro candidaturas, entre elas as de mellor debuxante e mellor portadistas para a autora da Arousa. A estas súmanse as de mellor guión e mellor cor para os seus colaboradores no proxecto. Pola súa banda, José Domingo é candidato ao premio á mellor edición estadounidense de material estranxeiro coas súas Aventuras de un oficinista japonés. Canda aos dous galegos unicamente un español, David Aja, está presente nas candidaturas.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Banda deseñada, Guión, Arousa

Claves

Protagonistas
Lugares