Os Premios Eisner, considerados os Óscar da banda deseñada que se entregan anualmente na Comic Con de San Diego, California, teñen este ano unha importante presenza galega. O autor ourensán David RubÃn acumula catro candidaturas, dúas en solitario e outras dúas como parte do equipo doutros tantos proxectos, no que supón unha marca para a banda deseñada do paÃs. De xeito individual, RubÃn opta ao premio ao mellor emprego de lapis e de tinta polo seu traballo nas series Black Hammer números 9 a 12, Ether, e Sherlock Frankenstein, toda elas publicadas pola editora Dark Horse, e mais pola edición americana da obra monográfica Beowulf, lanzada por Image e editada orixinalmente pola vasca Astiberri. Ademais, o ourensán está nomeado na categorÃa de mellor cor polo seu labor nestes mesmos tÃtulos.
Canda a estas candidaturas individuais, o debuxante galego fai parte da candidatura de Black Hammer, que debuxa canda a Dean Ormston sobre guións de Jeff Lemire, ao premio á mellor serie de continuidade. Ademais, a adaptación de Beowulf que realizou con guión de Santiago GarcÃa está nomeada ao galardón á mellor adaptación doutro medio. O resultado dos galardóns coñecerase o vindeiro 19 de xullo na Comic Con de San Diego.