Proxectos e autores galegos optan aos premios Carlos Giménez de banda deseñada

Os galardóns entréganse esta tarde na Heroes Comic Con de Madrid

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de El espíritu del escorpión

Capa de El espíritu del escorpión

A segunda edición dos Premios Carlos Giménez, que se entregan anualmente na Heroes Comic Con de Madrid, conta cunha importante presenza galega. Así, a publicación coruñesa Altar Mutante opta ao premio ao mellor fanzine, mentres o autor vigués Fernando Llor pode se facer o galardón ao Mellor Guionista Nacional por El Espíritu del Escorpión. A obra ademais, pode se facer cos premios á Mellor Portada, Mellor Entintador, Mellor Autor Revelación e Mellor Obra Nacional. O ourensán David Rubín, pola súa banda, é candidato ao premio ao mellor colorista polo seu traballo en Sherlock Frankenstein y la legión del mal mentres que o volume Black Hammer 2, no que tamén participa canda a Jeff Lemire e Dean Ormston, é candidata aos premios á Mellor Guionista Internacional e Mellor Obra Internacional. O premios entregaranse esta tarde nun acto que se desenvolve no marco desta convención de banda deseñada.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Madrid, David Rubín, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...