David Rubín opta ao premio do Saló del Còmic

O seu Beowulf compite na categoría de mellor obra de autor español

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
David Rubín opta ao premio do Saló del Còmic

Beowulf, o traballo que o ourensán David Rubín debuxou sobre guión de Santiago García opta a un dos galardóns do Saló del Còmic de Barcelona. A obra compite con outras once na categoría Mellor obra de autor español editada en España en 2013, unha das catro con que contan os premios, e que está dotada con 10.000 euros. Os galardóns, nos que non hai máis representación galega, están considerados os máis importantes da novena arte no Estado e que se darán a coñecer a coincidir co 32 Saló del Còmic, entre o 15 e o 18 de maio.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Guión, Saló del Còmic de Barcelona, Ourense

Claves

Protagonistas
Conceptos