A presenza galega nos premios do Saló del Còmic de Barcelona medra este ano e conta con representantes en todas as categorÃas (agás en obra estranxeira). Fronte ás 4 candidaturas de Alberto Vázquez en 2008, para esta edición contamos con sete propostas susceptibles de ser premiadas. Jacobo Fernández opta a levar o premio a autor revelación por Os amigos de Archimboldo Roque e Aventuras de Cacauequi. Pola súa banda, o Cuaderno de tormentas de David RubÃn compite na categorÃa de mellor debuxo. En revistas atopamos BD Banda e na categorÃa de fanzines compiten Carne lÃquida e Condorito muerto. Finalmente, As serpes cegas, álbum do balear Bartolomé Segui e do madrileño Felipe Hernández Cava editado por BD Banda, opta aos premios a mellor obra e mellor guión. Asimesmo, outras publicacións que compiten no premio a mellor revista, coma Argh, Amaniaco ou Dos veces breve teñen contado tamén con colaboracións galegas nas súas páxinas.