A consolidación da banda deseñada galega é incontestable. Este ano, a presenza dos nosos autores e iniciativas nos premios do Saló del Còmic de Barcelona, os máis importantes do Estado, bate marcas. David RubÃn acumula coa súa "TearÃa do oso malaio" catro candidaturas: autor revelación, mellor debuxo, mellor guión e mellor obra. Compite con el como novo autor Alberto Vázquez, que tamén opta ao premio ao mellor debuxo por "Psiconautas". Finalmente o fanzine "Barsowia", que xa acadara o pasado ano o favor do público, chega a esta edición á candidatura oficial á mellor publicación estatal, onde recunca tamén o "Fanzine enfermo", que conta cunha destacada participación do paÃs. Por se fose pouco, tamén como mellor obra atopamos "A nosa Guerra Civil", un álbum colectivo onde tamén está presente David RubÃn.
Máis información no noso soportalsobre David RubÃn, sobre Alberto Vázquez e sobre Barsowia; anteriores edicións do Saló nos nosos arquivos; web do Saló