A presenza galega amplÃase nos premios ao mellor fanzine do ano 2004 no Saló do Cómic de Barcelona. "El Fanzine Enfermo" dirixido polo coruñés Alberto Vázquez desde a Cidade Condal compite con "BD Banda" nesta categorÃa. Esta publicación, que acaba de tirar o seu cuarto número, conta ademais coas colaboración habituais dos galegos Jano e Brais RodrÃguez e inclúe no seu último número unha historia de David RubÃn. Na mesma categorÃa encóntrase "Arruequen", un fanzine desenvolvido desde Madrid por unha decena de autores entre os que se conta Ken Niimura, colaborador habitual do "Barsowia". "Mala Vida" e "Que Suerte" completan o elenco de aspirantes a mellor fanzine. Pola banda das revistas confirmas a candidatura de "2 Veces Breve", unha publicación granadina que competirá con, entre outras, "MÃster K". A revista andaluza publicou o pasado verán un número dedicado especialmente autores do noso paÃs e conta de xeito habitual con colaboracións galegas. No seu último "especial autoras" participa a coruñesa Emma RÃos.
Máis información no web de Ficomic e nos nosos arquivos