A publicación "Barsowia" opta ao premio ao mellor fanzine do Saló de Barcelona mentres David Rubín é candidato a autor revelación

"Barsowia" e Rubín nominados no Saló

28/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Mantense a presenza galega nos Premios do Saló de Barcelona. "Barsowia" na categoría de mellor fanzine e David Rubín como autor revelación son os nosos representantes na rolda final dos galardóns desta edición. Canda a eles, na categoría de fanzines repite o "Fanzine enfermo", dirixido por Alberto Vázquez e no colaboran autores do país coma Brais ou Jano. Tamén outro dos candidatos, o "Cabezabajo" contou con colaboración de diferentes autores do noso país. Canda a eles, Galicia estará presente no evento coas exposicións de BD Banda e Miguelanxo Prado, o lanzamento de "Dámsmitt" de Kike Benlloch e Manel Cráneo e un número especial de "BD Banda" en español. E seguimos a agardar novas...

Máis información en La Cárcel de Papel; no web de FICOMIC e nosnosos arquivos; as nosas fichas de Barsowia e de de David Rubín

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barsowia, David Rubín, Culturagalega, Barcelona...