Alberto Vázquez acapara catro candidaturas ao Salón del Cómic de Barcelona

4 Albertos 4

29/2/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Autor revelación, obra, guión e debuxo. Catro das oito categorías dos premios do Saló del Cómic de Barcelona contan con Alberto Vázquez e o seu “El evangelio de Judas” coma candidatos. No entanto, diferentes voces denunciaron xa que Alberto, canda a outros dous candidatos, non cumpren as condicións para a candidatura a autor revelación por teren xa máis de dúas obras publicadas, polo que a lista podería mudar. A maiores destas candidaturas, atopamos presenza galega en varios fanzines: “Fanzine enfermo”, codirixido precisamente por Vázquez e con autores coma Brais Rodríguez, Miguel Porto ou Martín Romero, nas súas páxinas. Na mesma categoría atopamos “Usted”, onde ten colaborado David Rubín. En mellor revista atopamos “Argh!”, con Brais Rodríguez. “El Manglar” tamén con Miguel Porto, “Dos veces breve”, Jacobo Fernández, David Rubín, Emma Ríos, Brais Rodríguez, Diego Blanco e Porto de novo, “Amaniaco”, onde participan Kiko da Silva e Alberto Guitián. Este é o segundo ano consecutivo no que un autor galego acapara catro candidaturas, despois de que David Rubín optase a estes mesmos premios o ano pasado.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Brais Rodríguez, Alberto Vázquez, Cómic...