Alberto Vázquez cae da candidatura a autor revelación no Saló del Còmic

Relevo revelación

4/3/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

FICOMIC, a entidade que organiza o Saló del Còmic de Barcelona, retirou finalmente a candidatura de Alberto Vázquez a autor revelación nos premios deste evento. Como xa denunciaran diferentes voces, este creador, ao igual que outros dous autores propostos, non cumprían os requisitos para esta candidatura ao teren máis de dúas obras monográficas publicadas. Entre os novos nominados atopamos, no entanto, a Lola Lorente, alicantina afincada na Coruña que ten colaborado en proxectos coma o “Fanzine enfermo”. Precisamente Lorente gañaba, a comezos de febreiro, o Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración en Ourense.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alberto Vázquez, Saló del Còmic de Barcelona, Ourense, A Coruña...