Miguelanxo Prado gaña o premio á mellor obra estatal en Barcelona

Ardalén impúxose entre as 10 finalistas

15/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
56 lecturas | Compartido 0 veces

Por terceira vez, Miguelanxo Prado volta dun Saló del Còmic de Barcelona co premio á mellor obra estatal baixo o brazo. Ardalén, o seu último traballo, fíxose co galardón á Mellor obra de autor español publicada en España en 2012, a categoría coa que nos últimos dous anos se recoñece o traballo dos creadores do Estado e que está dotada con 10.000 euros. O seu traballo impúxose aos outros nove finalistas, entre os que estaba o tamén galego David Rubín. Prado xa obtivera premios á mellor obra no Saló con Trazo de xiz e A mansión dos Pampín. Ardalén está dispoñible en galego da man de El Patito Editorial.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados