David Rubín e Miguelanxo Prado finalistas nos XIII Premios da Crítica Dolmen

Os gañadores saberanse o vindeiro 14 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

Os traballos El Héroe 2 de David Rubín e Ardalén de Miguelanxo Prado son finalistas en varias categorías da XIII edición dos Premios da Crítica Dolmen 2013, certame que convoca a editorial homónima. Ambos os dous compiten nas categoría de mellor obra nacional e mellor debuxante nacional. Ademais, Prado tamén é finalista na categoría de mellor guionista nacional e na de toda unha carreira de autor nacional. Os gañadores saberanse o vindeiro 14 de stetembro, no marco da clausura das XVIII Xornadas do Cómic de Avilés.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, David Rubín, Cómic, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)