Miguelanxo Prado leva o Premio da Crítica con Ardalén

O autor galego estaba nominado noutras tres categorías

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Miguelanxo Prado leva o Premio da Crítica con Ardalén

Ardalén, o último traballo de Miguelanxo Prado, foi galardoado este sábado nos Premios da Crítica que outorga anualmente a revista Dolmen. O xurado, formado por críticos de banda deseñada de todo o Estado recoñeceu a novela gráfica do galego como "Mellor obra nacional". Prado estaba nominado con esta obra tamén nas categorías de mellor debuxo, mellor guión e no premio a toda unha carreira. Canda a el, David Rubín, que competía tamén nas de mellor debuxante e mellor obra, non obtivo ningún destes premios. Os galardóns déronse a coñecer a coincidir co feche da Xornadas de Cómic de Avilés.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, David Rubín, Guión, Debuxo...