David Rubín e Miguelanxo Prado optan aos Premios da Crítica de Cómic

Os galardóns fallaranse o vindeiro sábado 13 en Avillés

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

Beowulf, a obra que asina canda ao guionista Santiago García, valeulle a David Rubín dúas candidaturas aos Premios da Crítica de Cómic. A novela gráfica opta ao galardón á Mellor Obra Nacional mentres o ourensán é finalista na categoría de mellor debuxante nacional. Pola súa banda, Miguelanxo Prado é candidato a recibir o premio a toda unha carreira dun autor nacional. Un total de 17 investigadores e críticos do sector da BD estatal son os responsables da selección cos seus votos. O resultado dos premios coñecerase o vindeiro sábado 13 de setembro con ocasión da clausura das Xornadas de Cómic de Avilés.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, David Rubín, Miguelanxo Prado, Ourense

Claves

Conceptos
Lugares