David Rubín e José Domingo compiten polo premio á mellor obra do Saló de Barcelona

As candidaturas terán que superar aínda a fase das votacións profesionais

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
David Rubín e José Domingo compiten polo premio á mellor obra do Saló de Barcelona

El Héroe (Astiberri Ediciones) de David Rubín e Aventuras de un oficinista japonés (Bang Ediciones) de José Domingo son as dúas obras que representan á banda deseñada feita en Galicia de entre as candidaturas aos premios do 30 Saló Internacional del Cómic de Barcelona. As dúas obras compiten polo mesmo galardón a Mellor obra de autor español publicada en 2011 xunto a outras oito candidatas ao premio de 10.000 euros desta categoría, o máis alto en dotación da historia do Salón . Con El Héroe David Rubín xa acadou numerosos recoñecementos o pasado ano, como Premio da Crítica ao mellor debuxante, o Premio á "Mejor Obra Nacional de 2011" no Salón do Cómic de Zaragoza e o premio do coñecido web Entrecomics como mellor obra de banda deseñada do Estado en 2011. Xustamente neste coñecido premio foi José Domingo coa súa obra o que quedou en segundo posto das votacións. Nas dúas obras guión e debuxo foron resoltos en solitario por cada un deles. A partires do mércores 14 de marzo iníciase a segunda fase das votacións profesionais que finaliza o xoves 19 de abril.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Barcelona, Cómic, Banda deseñada...

Claves

Protagonistas
Entidades