David Rubín leva o premio ao mellor cómic do estado en Zaragoza

O galego José Domingo presentou neste evento o seu último traballo

20/12/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
24 lecturas | Compartido 0 veces

Cartel do X Salón do Cómic de Zaragoza

El héroe de David Rubín, levou o Premio á "Mejor Obra Nacional de 2011" no Salón do Cómic de Zaragoza. O pasado sábado á noite celebrouse a entrega de galardóns, que escolleu o público mediante votación en liña no web especializado en cómic aragónes Viñetario. Rubín impúxose a títulos como Chernóbil, de Francisco Sánchez e Natacha Bustos e Chico y Rita, de Fernando Trueba e Javier Mariscal. O tamén galego José Domingo participou neste evento, no que realizou unha sesión de sinaturas e presentou a súa última obra Aventuras de un oficinista japonés.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Lugares