Emma Ríos gaña o Premio Eisner á mellor portada por 'Pretty Deadly'

A arousá consegue o máximo galardón da industria americana da banda deseñada

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Fotografía do Flickr de Emma Ríos

Fotografía do Flickr de Emma Ríos

A convención internacional Comic Con de San Diego (EE.UU.) foi o evento elixido esta fin de semana para dar a coñecer os premios máis prestixiosos da banda deseñada americana, os “Eisner” que deixaron caer unha noticia bomba na banda deseñada galega. De aí ven de saír a arousá Emma Ríos (Vilagarcía , 1976) cun destes premios, pola capa debuxada para a última entrega da serie Pretty Deadly da editorial Image. Emma Ríos é a artista galega máis importante no mercado dos EE.UU., onde leva traballando moitos anos con editoriais tan importantes coma MARVEL e xustamente por esta serie a artista galega xa fóra finalista a estes galardóns noutras dúas ocasións anteriores, pero sen chegar a facerse con eles. A serie, coa que autora galega leva traballando desde 2012 xa foi obxecto de outros recoñecementos e premios internacionais dende a súa saída. Nos Eisner. Considerados comunmente coma os premios Óscar da banda deseñada, xa ocorreu que en outras ocasión os nomes de outros autores orixinarios de Galicia estiveron nas listas de finalistas (José Domingo, David Rubín e a mesma Ríos) pero esta é a primeira vez que o consegue alguén saído da canteira da banda deseñada galega. Ríos era unha das seis finalistas ao premio á Mellor Artista de Portada, que finalmente levou.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Emma Ríos, David Rubín, Vilagarcía

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares