Nomes galegos volven ás candidaturas dos Premios Eisner

Emma Ríos como coordinadora de Island aspira aos galardóns internacionais da BD

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa da compilación Spanish Fever

Capa da compilación Spanish Fever

Dous anos despois de que Emma Ríos e José Domingo optasen aos Premios Eisner, os Oscar da novena arte estadounidense, de novo nomes galegos fan parte da quiniela para estes galardóns, en concreto na categoría de mellor Antoloxía. Deste xeito, Ríos volve aparecer entre as candidaturas, nesta ocasión polo seu labor como coordinadora canda a Brandon Graham da revista Island. A publicación periódica da editorial Image leva xa quince entregas e albergou nas súas páxinas historias da propia Ríos, ademais de colaboracións doutros autores do país como son Roque Romero, Xulia Vicente e Cinthya Alfonso. Pola súa banda José Domingo fai parte canda a David Rubín doutra proposta que compite na mesma categoría. Trátase de Spanish fever, versión en inglés publicada por Fantagraphics do volume Panorama. La novela gráfica española hoy, editado en España por Astiberri. Os resultados dos premios coñeceranse o vindeiro mes de xullo con ocasión da Comic-Con de San Diego.

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, David Rubín, Roque Romero, Astiberri

Claves

Entidades