Creadores galegos participan en tres antoloxías de BD

Tales from the end of the word, 9 preguntas e Panorama contan con autores do país

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Tales from the end of the word

Capa de Tales from the end of the word

Tres antoloxías de banda deseñadas recén saídas do prelo da man de editoras españolas contan con autores galegos nas súas filas. Deste xeito, Norma Editorial inclúe a Emma Ríos, a José Domingo e a David Rubín entre os 48 debuxantes que achegan historias ao seu Tales from the end of the word. Estes dous últimos recuncan en Panorama. La novela gráfica española de hoy, mentres Ríos fai parte, canda a Miguel Porto e de novo José Domingo en 9 preguntas, un volume colectivo que publica Dibbuks en maio e que parte dun caderno do século XIX descuberto nun anticuario.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Miguel Porto, David Rubín

Claves