Autores galegos copan a publicación Betunia

José Domingo e David Rubín coordinan o volume, que fai parte do proxecto Black Pulp Box

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Black Pulp Box

Capa de Black Pulp Box

Acaba de saír á venda Black Pulp Box, un pack de seis publicacións de ensaio, banda deseñada, relatos, novela e obra gráfica que xira arredor do xénero pulp e da blaxploitation. Dentro o mesmo atopamos Betunia, unha revista de 96 páxinas en bitono que recolle unha selección de obras de novena arte realizada por David Rubín e José Domingo. Na mesma, atopamos umha masiva presenza de autores galegos, xa que canda aos dous mentados, hai obras de Xurxo Penalta, Jano, Emma Ríos, Brais Rodríguez, Miguel Porto e Alberto Guitián, con cadansúa historia breve.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Alberto Guitián, Brais Rodríguez, Emma Ríos...