Autores galegos ecoan nos medios

Un artigo en El Cultural destaca a obra de Alberto Vázquez e David Rubín

25/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O recoñecido autor Felipe Hernández Cava lembra hoxe no seu artigo na revista El Cultural a importancia de autores coma Alberto Vázquez e David Rubín entre os creadores de novela gráfica a nivel estatal. Canda a eles, outros creadores do país están a ecoar en medios galegos e foráneos. Así en La Voz de Galicia e en El Mundo atopamos varias entrevistas a Alex Cal a conta do lanzamento do seu volume de Spider-man en Estados Unidos. Tamén en La Voz de Galicia pode lerse hoxe unha entrevista con Eduardo Galán. Fandecomix.com, pola súa banda, achega unha entrevista con David Braña, e no web de GZ Crea atopamos a nova de que José Domingo levou o primeiro premio pola súa obra Ven sentir o teatro.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alberto Vázquez, David Rubín, La Voz de Galicia, David Braña...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares