A galería Pardo Bazán acolle unha mostra de orixinais de banda deseñada

Proxecto 9 amosa traballos de 18 autores

O vindeiro venres 10, ás oito da tarde, a galería de arte Pardo Bazán da Coruña acolle a mostra Proxecto 9, unha selección de planchas orixinais de dezaoito autores galegos dedicados á novena arte. Entre os participantes, atopamos nomes coma Alberto Vázquez, David Rubín, Brais Rodríguez, Roque Romero, José Domingo, Kike Benlloch, Emma Ríos ou Diego Blanco entre outros. As obras, algunhas delas inéditas ata o momento, estarán á venda para o público interesado ata o vindeiro día 31 de outubro.