Un camiño de viñetas

Ofrecémosche íntegra a exposición do posto galego no Saló del Còmic de Barcelona

10/5/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
54 lecturas | Compartido 0 veces

Ilustración de Emma Ríos para o posto galego no Saló de Barcelona

As visións máis orixinais sobre a Ruta Xacobea da man de autores galegos de BD. Esta é a proposta de Un camiño de viñetas, a exposición que se puido ver estes días no posto galego do XXVIII Saló del Còmic de Barcelona. Organizada pola Consellaría de Cultura, a mostra foi comisariada por Benito Losada e conta cun debuxo de presentación de Emma Ríos. Canda a eles, paraticiparon no proxecto Carlos Arrojo, Diego Blanco e Kike Benlloch, Cosme, Manel Cráneo, José Domingo, Jacobo Fernández Serrano, Alberto Guitián, Jano e Rodrigo Cota, Miguel Robledo, Brais Rodríguez, Martín Romero, David Rubín, Kiko da Silva, Iván Suárez e Alberto Vázquez. Agora, podes ver completa a exposición nesta galería

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego