Os tópicos protagonizan a exposición galega no Saló del Cómic

Outra mostra achegará os gañadores dos certames Castelao e GZ Crea

Miña terra galega é o título da principal exposición que achegará Galicia ao vindeiro Saló del Còmic de Barcelona. Na mesma oito autores achegan as súa visión sobre tópicos do noso país en historias de cinco páxinas que se poderán ver no recinto da Fira da Cidade Condal. O marisco coma apocalipse visto por Emma Ríos. A visión da morte da man de Manel Cráneo. As meigas abordadas por José Domingo. A emigración made in Kiko da Silva. Pucho Connection por Alberto Guitián. A versión das árbores de Diego Blanco. A choiva, vista por Alberto Vázquez e o turismo da man de Iván Suárez amosaranse no evento.

Canda a esta mostra, poderá verse en Barcelona a exposición Viñetas descubertas. Certames galegos 2000-2008 que recupera os autores que nese período gañaron o premio Castelao ou ben o certame organizado pola Xunta de Galicia (que se denominou sucesivamente Na Vangarda e GZ-Crea). Deste xeito, poderemos ver obras de David Rubín, Antonio Seijas, Jacobo Fernández, Mariano Casas, Martín Romero, Juan Luís Pérez, Marcos Calo, Jano e Cosme Fernández.

Mariscada asasinada - Emma Ríos

Mariscada asasinada - Emma Ríos

Bosquexo de Pucho Connection - Alberto Guitián

Bosquexo de Pucho Connection - Alberto Guitián

A vella mecepedras. páx 1 - José Domingo

A vella mecepedras. páx 1 - José Domingo

Diego Blanco

Diego Blanco