Dúas mostras achegan o traballo de 17 autores galegos ao 27 Saló del Còmic de Barcelona. Por unha banda Miña terra galega achega a visión dos nosos creadores encol dos tópicos sobre o país mediante historias curtas. Pola outra, Viñetas descubertas recupera os gañadores dos principais certames galegos desde o ano 2000. Achegámosche unha das páxinas que representará a cada un dos autores galegos nestas mostras.