Miguel Brieva e Juanjo Sáez partiparán nas Xornadas de BD de Ourense

Canda a eles, haberá mostras de Rubín, Fanzine Enfermo e o Certame Injuve

20/7/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

As XXI Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, que se celebrarán entre os días 1 e 18 de outubro, adiantan os primeiros contidos do seu programa. Polo momento, a organización confirma a presenza de Miguel Brieva e de Juanjo Sáenz coma convidados, que contarán asimesmo con cadansúa exposición. Tamén David Rubín, o Fanzine Enfermo e mais o Certame de Cómic e Ilustración Injuve contarán con mostras. O programa complétase polo momento coas exposicións Viñetas descubertas e Miña terra galega que se puideron ver no posto galego no último Saló del Cómic de Barcelona.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Injuve, Cómic, David Rubín...

Claves

Protagonistas
Entidades