“Barsowia”, David Rubín e Miguelanxo Prado protagonizarán cadansúa exposición no vindeiro Saló del Còmic de Barcelona

Exposicións galegas en Barcelona

8/2/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Nada menos que tres mostras achegarán exemplos do traballo galego arredor da BD no vindeiro Saló del Còmic de Barcelona. Os autores do colectivo Polaqia, que se fixeron o pasado ano co premio ao mellor fanzine co seu “Barsowia” achegan ao evento unha selección de orixinais que apareceron na revista. Pola súa banda a antoloxía “Teteras y dragones: un paseo por el mundo de David Rubín” permitirá coñecer a evolución do traballo deste autor. Finalmente, o Gran Premio do Saló 2007, Miguelanxo Prado, presenta neste evento a exposición de ilustracións do seu filme “De Profundis”.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona, David Rubín, Miguelanxo Prado, Saló del Còmic de Barcelona...