Miguelanxo Prado, Barsowia e David Rubín volta con premios do XXV Saló del Còmic de Barcelona

Éxito condal

20/4/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Se xa tíñamos a esperanza dalgúns premios galegos no XXV Saló del Cómic de Barcelona, os resultados non nos defraudan. A grande sorpresa desta edición foi a entrega do Grande Premio do Saló a toda unha traxectoria a Miguelanxo Prado. Con el, tiveron que subir á palestra os membros do colectivo Polaqia. O seu fanzine "Barsowia" venceu nesta categoría, na que competía por primeira vez con títulos consolidados coma o "Fanzine Enfermo" ou "Arruequen". Esta é así a segunda publicación en galego que acada un premio nesta categoría. Finalmente David Rubín fíxose co premio ao autor revelación. Nas outras tres categorías nas que estaba nominado, a veteranía do celebérrimo Max impúxose á nosa nova promesa. De calquera xeito, todo un éxito que confirma o pulo da nosa BD

Máis información na nosa reportaxe sobre o Saló

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, David Rubín, Barsowia, Barcelona...