A banda deseñada galega volta ao Saló de Barcelona con tres mostras e un stand de venda

Venderse en Barcelona

15/4/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Un ano máis, a banda deseñada galega prepara o seu desembarco no Saló del Còmic de Barcelona. Preto de trinta autores achéganse ao evento, David Rubín, o colectivo Polaqia e Miguelanxo Prado contan con cadansúa mostra da man da organización do Saló e Alberto Vázquez acapara tres candidaturas nos premios anuais. A maiores, a Consellaría de Cultura achega un posto promocional no que se poderán ver setenta publicacións de autores galegos e colabora coas iniciativas de edición na montaxe, por primeira vez, dun posto de venda conxunto. Sesións de sinaturas, presentación das novidades editoriais e unha mesa redonda na Galería Sargadelos completan o programa galego no evento.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona, Banda deseñada, Alberto Vázquez, David Rubín...