Por segundo ano consecutivo, Galicia non conta cun posto propio no Saló del Còmic de Barcelona. No entanto, unha presenza crecente de autores con publicacións propias refrendan a boa saúde do panorama creativo neste campo no marco da trixésima edición desta cita, considerada a máis importante da novena arte estatal. Deste xeito, Miguelanxo Prado, Jacobo Fernández, VÃctor Rivas, Lola Lorente, MartÃn Romero e mais David RubÃn e José Domingo (candidatos aos premios do Saló) asinarán exemplares das súas últimas obras en diferentes postos do evento.
Fronte a esta pegada dos nosos autores, detéctase unha diminución na presenza de editoras e publicacións do noso paÃs. Deste xeito, unicamente El Patito Editorial contará cun posto, que comparte coa librarÃa Cómic Hunter, ao igual que o pasado ano. Canda a eles, destaca a presenza, por ver primeira da revista El Arca de las Historietas que comparte posto con dúas iniciativas foráneas. Caen deste xeito habituais como BD Banda, Retranca ou o colectivo Polaqia, xa disolto, que non amosarán os seus traballos nesta cita. No espazo de fanzines atopamos, como é habitual, a Mariano Casas, que presentará a súa obra La historia jamás contada jamás contada. Tamén asistirá ao evento Juan Carlos Sanmiguel, da librarÃa Alita que moverá a obra In memoriam, de Kike Benlloch e Fonso.
Canda a isto, os autores galegos están presentes tamén nas exposicións colectivas dedicadas a Robots (Kiko da Silva), ou de homenaxe a Moebius (Miguel Porto, Santy Gutiérrez, José Domingo e Kike Benlloch). Porto tamén visitará a Cidade Condal para actuar como picadiscos na presentación da editora Entrecómics Cómics.