BD Banda participará cunha exposición no vindeiro Saló de Barcelona

Outra mostra para o Saló

27/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Este ano Galicia participa por duplicado no Saló del Còmic de Barcelona en canto a mostras. Á xa anunciada de Miguelanxo Prado súmase agora a exposición que "BD Banda" achega ao evento. Serán trinta e cinco obras, entre orixinais, bosquexos e impresións de diferentes autores que colaboraron no fanzine as poderán verse no recinto da Fira de Barcelona durante a celebración deste evento, o vindeiro mes de xuño. Ademais, desde o colectivo adiantan a celebración, na tarde do vindeiro dezaseis de maio, dunha mesa redonda sobre os seus cinco anos de actividade. Será na biblioteca do Consello da Cultura e contará coa presenza de Victor Rivas, Manel Cráneo, Miguel Robledo, Santy, Henrrique Torreiro, David Rubín, Hugo Covelo, Bernal e Kiko Da Silva.

Máis información no web de BD Banda e en La Cárcel de Papel e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona, BD Banda, Manel Cráneo, Kiko da Silva...