“BD Banda” presenta o seu quinto número no Saló do Cómic de Barcelona mentres compite polo premio ao mellor fanzine

BD Barna

Chegou xusto a tempo. O quinto número da revista “BD Banda” preséntase na xornada inaugural do XXII Saló do Cómic de Barcelona. O novo número da revista conta coa presencia de autores do país coma Marcos Calo, Manel Cráneo, Alberto Guitián, Hugo Covelo, Kike Benlloch, Kiko da Silva, Miguel Robledo, Miguel Porto, Víctor Rivas, David Rubín ou Carrasco e Mariví. Ademais, entre as colaboracións internacionais destacan o portugués José Carlos Fernándes, que achega a esta edición as capas, unha entrevista e catro páxinas inéditas do seu vindeiro álbum. Oitenta páxinas a toda a cor por oito euros que comezarán axiña a súa distribución polas librerías do país. Culturagalega.org tamén estará presente no Saló de Barcelona para informar de todas as novidades relacionada coa BD galega, que prometen ser moitas.

Máis información no web de BD Banda e na nosa ficha da revista