Anúnciase o novo número de “BD Banda” que se presentará no Saló de Barcelona con cen páxinas

BD Banda 6

19/5/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Xa saíu a luz a capa do sexto número de “BD Banda”, que se presentará o vindeiro mes de xuño coincidindo do Saló de Cómic de Barcelona. A publicación achega desta volta por oito euros cen páxinas a toda cor na que participan autores coma Andres Meixide, Carrasco e Mariví, Ramón Trigo, Manuel Pardo, Miguel Robeldo, David Rubín, Miguel Porto, Víctor Rivas, Nicolás Digard, Santy Gutiérrez, Javi Montes, Chema Heras, Neira Cruz, Kike Benlloch, Marcos Calo, Heitor Real, Paco Paradelo, José Carlos Fernandes, Rafa Tenorio, Manuel Cráneo, Kiko da Silva e Alberto Guitián, ademais de presentar unha reportaxe sobre a emigración na BD galega. Mentres non chega a revista, a asociación BD Banda expón no local social Revira de Pontevedra unha mostra sobre o álbum “Fiz nos Biosbardos”.

Máis información no web de BD Banda; a capa do novo númeroneste extra

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BD Banda, Barcelona, Santy Gutiérrez, Alberto Guitián...