AÃnda que Sergio e Hugo Covelo foron os máis madrugadores, ao longo da xornada inaugural do XXIII Saló do Cómic de Barcelona púidose comprobar que a presenza galega neste evento bate marcas. Mariano Casas, esta vez sen "Tourolandia", presentaba no seu posto da área de fanzines varios dos seus traballos do últimos ano. Canda a el, unha nova autora na novena arte patria, Iria Crespo, achega a súa primeira autopublicación, "Una raya negra". Un pouco máis adiante, Alberto Vázquez atendÃa o público no posto do "Fanzine Enfermo", candidato ao premio ao mellor fanzine. A primeira hora da tarde chegaba Kiko da Silva, cargado co sexto número de "BD Banda", outro candidato ao premio, acabado de saÃr da imprenta e que comparte espazo no Saló cos traballos de Casas. Ao longo da tarde foron facendo a súa aparición outros autores coma VÃctor Rivas, Alberto Guitián ou o veterano Ramón Trigo, que volta á novena arte no novo número de "BD Banda" logo de anos sen exercer. Xa case á hora do peche chegaban David RubÃn e Enma RÃos, que asinarán exemplares da revista "2 Veces Breve" no posto de Ariadna editorial. Canda a eles viña tamén Miguel Porto. Ademais dos autores, visitan Barcelona estes dÃas diferentes afeccionados do paÃs, entre eles Rafa Tenorio, colaborador habitual do web Planeta de Agostini Cómics que está a entrevistar a varios dos autores internacionais convidados ao evento. É precisamente Tenorio o responsable da organización das xornadas que, segundo nos adianta, se celebrarán en Pontevedra entre os vindeiros dÃas 4 e o 30 de xullo. Mentres faltan por chegar varios autores do paÃs que anunciaron a súa presenza na Cidade Condal, os que xa están presente reparten o seu tempo entre a adquisición de BD e os contactos profesionais que, agardamos, dean en novos proxectos. Unha ampla reportaxe recollerá polo miúdo o vindeiro luns o resumo da actividade galega no Saló.
Máis información no web de Ficomic; artigo de Rafa Tenorio en Planeta de Agostini Cómics; máis sobre Tourolandia nos nosos arquivos.