Os novos números de “Amaniaco” e “Argh!” achegan traballos galegos, mentres coñecemos adiantos de Emma Ríos e Kike Benlloch

Colaboracións e exemplos

31/3/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Kiko da Silva e Alberto Guitián repiten cadansúa colaboración no cuarto número da revista “Amaniaco”, que sairá para o vindeiro Saló del Còmic de Barcelona. Tamén para aquela estará xa na rúa o cuarto “Argh!”, publicación que conta coa presenza dos galegos Brais Rodríguez e Martín Romero. Ao tempo, no blog “Desde mi mundo”, podemos ver unha páxina da participación de Emma Ríos no vindeiro volume da serie “Los reyes elfos” e mais varios exemplos de “Cuimhne”, a novela gráfica que publicará en agosto a editorial Dolmen con debuxos de José Domingo e guión de Kike Benlloch.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

10/05/2010

Un camiño de viñetas

Ofrecémosche íntegra a exposición do posto galego no Saló del Còmic de Barcelona

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Kike Benlloch, Brais Rodríguez, Alberto Guitián...