David Rubín súmase a “Los Reyes Elfos” mentres Guitián e Kiko da Silva publican en “Amaniaco”

Participacións

28/1/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O vindeiro volume da serie “Los Reyes Elfos”, no que diferentes debuxantes darán vida aos guións de Víctor Santos, amplía a súa presenza galega. Se xa estaba confirmada a participación de Emma Ríos no proxecto, agora sabemos que tamén David Rubín ilustrará unha das historias desta obra colectiva. Pola súa banda, o último número da revista “Amaniaco”, conta coa presenza de Alberto Guitián e Kiko da Silva, mentres Víctor Rivas achega o seu gran de area ao proxecto “Universo cool”, unha proposta para crear de xeito colectivo todo un universo de superheroes na rede.

Bosquexos da historia de Rubín no blog Desde mi mundo; o web de Amaniaco; o web de Universo Cool

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Kiko da Silva, Alberto Guitián, Emma Ríos...